Also in English
Traductor e intérprete de inglés, alemán, galego e español. Curso estudios de Traducción e Interpretación na Universidade de Vigo.
Curriculum vitae
Benvidos á miña páxina web. Son Jacobo Currais Arcay e estou a piques de licenciarme en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo.Teño realizado traballos de traducción para particulares, destacando a traducción do artigo Socrates, Empedokles und die Erkenntnisleistung der Metapher, que a Profesora da Universidade de Vigo Lourdes Lorenzo utilizou como apoio documental para a súa tese de doutoramento.
Traballei como intérprete no encontro empresarial internacional Europartenariat Denmark 2000, celebrado na localidade dinamarquesa de Aalborg en xuño de 2000.
Linguas de traballo
Traduzo a partir do inglés e o alemán cara ó galego e o español. Como intérprete, traballo co inglés como lingua orixe e o galego e mailo español como linguas meta. Ademais, teño coñecementos de francés, danés e portugués. Tipoloxía de textos
Traballo con todo tipo de textos non especializados, xa sexan literarios, xornalísticos ou outra clase de textos xerais. Ademais, estou familiarizado cos campos da arte, a música (antiga e clásica), a economía e a traducción de contratos. Prazo de entrega
Os traballos de traducción devolveranse ó cliente por vía electrónica nun prazo máximo de sete días. Poderanse establecer prazos máis curtos en función da natureza do traballo e das necesidades do cliente. Tarifas
Os traballos de traducción cobraranse por palabra traducida:
Bases de datos de utilidade en liña
Xeral Especializada Inglés-Galego/Español 10 ptas./palabra 11 ptas./palabra Alemán-Galego/Español 11 ptas./palabra 12 ptas./palabra Intérprete acompañante 3.000 ptas./hora 4.000 ptas./hora Interpretación consecutiva 8.000 ptas./hora 8.000 ptas./hora Interpretación simultánea 13.000 ptas./hora 13.000 ptas./hora Corrección de orixinais 4 ptas./palabra 4 ptas./palabra
Presento aquí algunhas ferramentas informáticas útiles para o traductor e dispoñibles na rede:- O traductor virtual. Páxina realizada por unha ex-alumna da Universidade de Vigo que contén numerosos recursos informáticos útiles para o traductor, así como enlaces de interese.Visitas recibidas desde o 16-04-01:
- Diccionarios.com. Contén diccionarios bilingües de varios idiomas, ademais dun monolingüe español e dun diccionario de sinónimos e antónimos do español.
- Eurodicautom. Base de datos terminolóxica nas linguas oficiais da Unión Europea.